Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social 39392636F/06/04/2018/2.1.E e dous máis.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a Oficina de Emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, de non formularen recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 25 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

Nelson Augusto Carballo Fernándes

39392636F/

06/04/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Ana Milena Domínguez Hurtado

54672238L/

08/03/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Nubia Daiane Mendes Castro

45166900Y/

06/03/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego