Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en sistemas de información no ámbito de educación da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0019).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de varios sistemas do ámbito educativo, como os de xestión dos comedores escolares, acceso a ciclos formativos, formación en centros de traballo, transporte escolar, admisión de alumnado, avaliación individual de diagnóstico, axudas para a adquisición de libros de texto, xestión da conta de usuario ou o fondo de libros de texto.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 11.1.2018.

DOUE: 9.1.2018.

BOE: 20.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 3.769.834,71 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 1.520.500,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 28.6.2018.

c) Contratista: Coremain, S.L.U., Indra Sistemas, S.A., Unión Temporal de Empresas; Lei 18/1982, do 26 de maio (UTE Coremain-Indra).

d) Importe de adxudicación: 1.510.201,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia