Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de maio de 2018, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Telefónica España, S.A.U. de concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para instalación de liña de telecomunicación no porto de Cambados (expediente 13-07-17-C1).

José Martínez Ferreiro, en nome e representación da entidade Telefónica España, S.A.U., solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela de dominio público portuario con destino á instalación de liña de telecomunicación no porto de Cambados, segundo o proxecto titulado Instalación FO Macrolán TGSS. Proxecto número: 6558361 redactado polo enxeñeiro de telecomunicacións Miguel Ángel Sancho García en decembro de 2016.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 10 de maio de 2018

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur