Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante este anuncio faise público que a alcaldesa, con data do 16 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:

Vista a proposta de nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo dunha praza de administrativo, a favor de Sandra Freire del Valle, e achegada a documentación requirida nas bases da convocatoria pola aspirante, acorda:

Primeiro. Avocar para este caso concreto a competencia para o nomeamento de persoal.

Segundo. Nomear a Sandra Freire del Valle, con DNI 33538941L, como funcionaria de carreira na praza de administrativa (adscrita aos departamentos de Intervención-Contabilidade) dentro da escala de Administración xeral, subescala administrativa pertencente ao grupo C1.

Terceiro. Notificarlle este acordo á funcionaria nomeada e comunicarlle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios deste concello e comunicalo ao Servizo de Recursos Humanos e aos servizos municipais de Secretaría, Intervención e Tesourería para os efectos oportunos.

Guitiriz, 17 de xullo de 2018

Regina Polín Rodríguez
Alcaldesa