Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm.134, do 13 de xullo de 2018, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 33425, nos proxectos relacionados no anexo, no expediente número 2018/0070, na columna Entidade, onde di: «... A Pobra de Brollón», debe dicir: «... A Pobra do Brollón».