Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 170/2018, seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Paula María Tomé Espiñeira, Paula Morales Pereira, Olalla Señoráns Varela, Gustavo Antonio Tojo Fernández, Alberto Fortes Novoa e Soledad Bugallo Chouciño interpuxeron recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario, coa referencia 170/2018, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), pola que se convocan diferentes procesos selectivos para o ingreso nalgunhas especialidades e corpos regulados pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

De conformidade co disposto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través deste anuncio se notifica a interposición do dito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados, se o consideran oportuno, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sito na praza de Galicia da cidade da Coruña) no prazo de nove (9) días, co obxecto de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de nove (9) días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos