Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34360

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se convoca a contratación, suxeita a regulación harmonizada, da construción do Edificio Fontán na Cidade da Cultura de Galicia mediante procedemento aberto (expediente 2018-006-OB-AH).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

b) Enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

c) Enderezo do perfil de contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=169&OR=169&SORT=2&ORDER=2

d) Número de expediente: 2018-006-OB-AH.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación das obras de construción do Edificio Fontán na Cidade da Cultura de Galicia.

c) Nomenclatura CPV: 450000000 Traballos de construción.

d) Nomenclatura CPA:

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

f) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Prazo de execución/entrega: 30 meses.

h) Admisión de prórroga: non.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o cadro de características e cláusula 7.5 do prego de cláusulas particulares (PCP).

4. Orzamento de licitación:

a) Orzamento de licitación: 14.047.994,77 euros, IVE excluído.

b) Valor estimado do contrato: 15.447.994,77 euros, IVE excluído.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si, 5 % sobre o orzamento de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o punto F.2 e F.3 do cadro de características do PCP.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

b) Domicilio e localidade: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto: 881 99 75 64.

d) Fax: 881 99 75 77.

e) Correo electrónico: cidade.cultura@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: ata as 14.00 horas do derradeiro día establecido no DOUE, plataforma de contratos da Xunta de Galicia e perfil de contratante, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación, que será publicado no perfil de contratante.

b) Lugar de presentación: Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Edificio Cinc, 3º, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña (España).

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo a esta fundación mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío (fax: 881 99 75 77/correo: cidade.cultura@xunta.gal).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores, non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 6 do PCP.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

b) Domicilio e localidade: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura dos sobres B e dos sobres C efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil de contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade: non se exixen.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
(Segundo poder outorgado polo Padroado da Fundación
en data 13 de decembro de 2017)