Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34235

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 12 de xullo de 2018 pola que se designa a Ana Isabel García Castro presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto.

Tras o cesamento por petición propia de José Manuel Castro Leirachá como presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto, o Pleno deste organismo, celebrado o pasado día 14 de xuño, elixiu a Ana Isabel García Castro para ocupar o dito cargo.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que desempeñará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto a Ana Isabel García Castro.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural