Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34299

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 3 de xullo de 2018 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Orde do 23 de xaneiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 30, do 12 de febreiro).

Mediante a Orde do 23 de xaneiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 12 de febreiro), e de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais de xeral e pertinente aplicación, e por proposta da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria, no uso das atribucións conferidas no artigo 17.2.c) da mesma lei, a conselleira do Medio Rural

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Código do posto: MR.O13.00.000.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión da PAC.

Dependencia: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: especial.