Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018 pola que se anuncia a formalización do contrato de servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do servizo de restauración, que inclúe limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=277358

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do servizo de restauración, que inclúe limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

c) CPV: 55243000-5.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 46, do 6 de marzo de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 251.124,61 €. IVE (10 %): 25.112,46 €. Total 276.237,07 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 4 de xuño de 2018.

c) Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 248.534,60 €. IVE (10 %): 24.853,46 €. Total 273.388,06 € para o verán de 2018 (desde o 21 de xuño ata o 12 de setembro).

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no PCAP.

Vigo, 3 de xullo de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo