Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da subministración e instalación de luminarias e sistema de regulación e control da iluminación no Hospital da Costa, cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, prioridade de investimento PI 4.c e obxectivo específico OE 4.3.1 (expediente AB-SER3-18-001).

missing image file

1. Poder adxudicador. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Investimentos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Código NUTS: ES11.

7º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

8º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación da subministración e instalación de luminarias e sistema de regulación e control da iluminación no Hospital da Costa (Lugo).

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 31500000-1 e 45310000.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 4, do 5.1.2018; BOE núm. 3, do 3.1.2018; DOUE S246, do 22.12.2017 e na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 22.12.2017.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: proposta económica ata 80 puntos e incremento do prazo de garantía ata 20 puntos.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 219.916,41 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 266.098,86 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de xuño de 2018.

b) Número de ofertas recibidas: catorce (14).

c) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2018.

d) Adxudicataria:

1º. Nome: New Energy Concept 2020, S.L.

2º. NIF: B19242049.

3º. Enderezo: rúa Francisco Aritio, nº 162, portal 3, porta 304.

4º. Localidade e código postal: Guadalajara, 19004.

5º. É peme: si.

6) Pertence a un grupo de empresas: si.

e) Importe de adxudicación. Importe neto: 129.684,49 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 156.918,23 €.

f) Posibilidade de subcontratar a terceiros: si.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

7. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si, dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (taxa máxima de cofinanciamento Feder do 80 %), na prioridade de investimento PI. 4.c. e obxectivo específico OE. 4.3.1. O PI. 4.c. trata do apoio da eficiencia enerxética, da xestión intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas públicas, incluídos os edificios públicos, e nas vivendas. O OE. 4.3.1 trata da mellora da eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos.

8. Procedemento de recurso:

a) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

1º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos