Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 139/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 139/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pais Trigo contra a empresa Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M Quinteiro, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Manuel Pais Trigo fronte a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M Quinteiro, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

Cítase igualmente a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, José Manuel Pais Trigo, Neira y Ferreira, S.L.U. á celebración da comparecencia que terá lugar o próximo día 29 de agosto de 2018 ás 10.35 horas, na sala de vistas deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, José Manuel Pais Trigo, Neira y Ferreira, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza