Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34116

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ecegal, Sociedade Cooperativa Galega

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

Na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 15 de xuño de 2018, adoptouse por unanimidade a aprobación do balance final de liquidación da entidade Ecegal Sociedade Cooperativa Galega.

Ao non existir haber social, os socios acordan asumir os gastos de tramitación da extinción a partes iguais.

Lugo, 18 de xuño de 2018

Ismael Roca González
Liquidador