Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 73/2017).

En cumprimento do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización del contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 73/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=273506

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia integral nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Política Social.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 79710000-4 Servizos de seguridade. 79711000-1 Servizos de vixilancia de sistemas de alarma. 79714000-2 Servizos de vixilancia.

CPA: 80.10.01 Servizos privados de seguridade.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 24.2.2018, 8.3.2018 e 16.3.2018 respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado (12 meses de duración ordinaria e posible prórroga): 3.867.688,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de formalización: 28 xuño de 2018.

b) Contratista: Alcor Seguridad, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación (12 meses de duración ordinaria): 1.549.000,00 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social