Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para o seguimento e impulso das actuacións de fomento e promoción do software libre en Galicia (expediente AMT-2018-0016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a realización do servizo de asesoramento estratéxico para o apoio no deseño, seguimento e impulso das actuacións de fomento e promoción do software libre en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE:

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 17.1.2018.

DOUE: 13.1.2018.

BOE: 25.1.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 1.202.580,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 485.040,60 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 14.6.2018.

c) Contratista: Igalia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 443.828,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia