Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración, non suxeito a regulación harmonizada (2/2017/CNTSU).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Subministración, en réxime de compra, de equipamentos de traballo de usuario para os servizos centrais e periféricos (delegacións: A Coruña, Lugo e Pontevedra) da entidade pública Portos de Galicia (EPPG).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento de Contabilidade e Tesouraría.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=115551

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: o presente contrato ten por obxecto a subministración de 102 equipamentos de sobremesa con 102 monitores, coas especificacións técnicas recollidas no PPT, así como a recollida dos equipamentos existentes en Portos de Galicia, que deberá levarse a cabo nas condicións indicadas no PPT.

c) Lotes: non hai.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) número 61.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 28 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado total do contrato:

129.811,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 129.811,00 euros. Importe total: 157.071,31 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 4 de xullo de 2018.

c) Contratista: Herbecon Systems, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 99.500,00 euros. Importe total: 120.395,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a economicamente máis vantaxosa para Portos de Galicia, de entre todas as admitidas.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia