Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33819

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 376860.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 21 de setembro de 2018 o prazo de presentación de solicitudes da liña IG240.2 (axudas), establecido no punto terceiro do resolvo da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se publicou o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica