Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2018/284-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CAT708-TRO706-TRO710 e CT Gran Vía.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ en sete actuacións:

1ª. 116 metros; orixe: centro de transformación (CT) proxectado; final: punto de acceso a rede (PAR) existente CAT708.

2ª. 116 metros; orixe: CT proxectado; final: PAR existente CAT708.

3ª. 67 metros; orixe: PAR existente TRO710; final: PAR nº 4 proxectado TRO710.

4ª. 69 metros; orixe: PAR existente CAT708; final: PAR nº 4 proxectado CAT708.

5ª. 34 metros; orixe: PAR nº 5 proxectado TRO706; final: PAR nº 7 proxectado TRO706.

6ª. 4 metros; orixe: PAR nº 5 proxectado TRO710; final: PAR nº 6 proxectado TRO710.

7ª. 3 metros; orixe: PAR nº 5 proxectado CAT708; final: PAR nº 6 proxectado CAT708.

– Centro de transformación, con dous trafos de 630 kVA, RT 15 kV/400 V, situado na rúa Gran Vía, en Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 21 de xuño de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra