Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-58/2018 RE).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 25 de xuño de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-58/2018 RE.

Denunciada: Cafinsa Proyectos, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación.