En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=285808
d) Data de publicación no perfil do contratante: 8 de marzo de 2018.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: xestión de servizos públicos.
b) Descrición do obxecto: concesión para a explotación de forma integral do spa viñoterapia anexo ao mosteiro de Leiro (Ourense).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación:
Valor estimado do contrato: 1.873.452,00 €.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2018.
b) Data de formalización: 27 de xuño de 2018.
c) Adxudicataria: Hotel San Clodio, S.L.
d) Importe máximo de adxudicación:
Canon ofertado sen IVE: 3.600,00 €.
Prezo tarifa xeral sen IVE: 11,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia