Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 6/2018).

ETX. Execución de títulos xudiciais 6/2018

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 404/2015

Sobre ordinario

Demandante: Luis Lorenzo Dosuna García

Avogada: Rocío Rodríguez Enríquez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Sieira Sieira, S.L., Kuinart SCQ, S.C.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa, Leonilda Villar Fernández, Leonilda Villar Fernández

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 6/2018, por instancia de Luis Lorenzo Dosuna García contra a executada Kuinart SCQ, S.C. e Sieira Sieira, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 14 de xuño de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 1.110,78 euros en concepto de principal máis 394,71 euros en concepto de xuros de demora, máis 150,54 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, respecto de Sieira Sieira, S.L., e 1.412,48 euros en concepto de principal máis 501,92 euros en concepto de xuros de demora, máis 191,44 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza