Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 2 de marzo de 2012, relativa ao proxecto do parque eólico Lagoa I, nos concellos de Santa Comba e Zas, promovido por Viruleiros, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de decembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 2 de marzo de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto do parque eólico Lagoa I, nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña), promovido por Viruleiros, S.L. e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://medioambiente.xunta.es/buscaExpedientes.do e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas