Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento de dúas funcionarias para os postos de traballo de xefa de negociado do Departamento de Intervención.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña núm. 147, do 4 de agosto de 2017, e mediante anuncio publicado no DOG núm. 185, do 28 de setembro de 2017, convocouse o concurso de méritos para a provisión de dous postos de traballo, un de xefe de negociado de fiscalización de ingresos e outro de xefe de negociado de fiscalización de gastos do Departamento de Intervención do Concello de Santiago de Compostela.

Mediante el decreto da concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración, do 16 de maio de 2018, resólvese a citada convocatoria nomeando as funcionarias que se indican no anexo, que deberán tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base oitava das bases específicas e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

ANEXO

Nome e apelidos: Manuela Arcos Caamaño. Corpo ou escala: Administración xeral. Grupo C e subgrupo C1. Posto de traballo: xefe/a de negociado de fiscalización de gastos (código do posto na RPT 2212F1420).

Nome e apelidos: Carmen Moscoso Casas. Corpo ou escala: Administración xeral. Grupo C e subgrupo C1. Posto de traballo: xefe/a de negociado de fiscalización de ingresos (código do posto na RPT 2211F1420).

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración