Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33427

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización afectada polos incendios, concedidas ao abeiro da sección segunda da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 (TU100A).

Advertidos erros no anexo da Resolución do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas a distintos concellos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xullo, feitas as comprobacións oportunas e segundo as resolucións de concesións desas axudas, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 31465, na subvención concedida ao Concello das Neves, onde di: «19.988,00 €», debe dicir: «19.998,00 €».