Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de xuño de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica á interesada o apercibimento de execución forzosa (predio número 160 da obra de mellora da estrada PO-353, treito Pancenteo-Marzán, punto quilométrico 3+150 ao 5+360, clave PO/14/076.02, concello do Rosal).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Juana Gómez Flores o apercibimento de execución forzosa do 4.6.2018 para a ocupación dos bens expropiados do predio número 160 da obra mellora da estrada PO-353, treito Pancenteo-Marzán, p.q. 3+150 ao 5+360, clave PO/14/076.02, concello O Rosal, porque foi devolto polo servizo de Correos logo de realizar dous intentos de notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei a dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de xuño de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra