Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento, evolución e implantación de novas funcionalidades no sistema de xestión de arquivos físicos e integración con Galiciana, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0082).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: son o obxecto desta contratación os servizos de:

• Desenvolvemento do novo sistema de xestión de arquivo físico da Xunta de Galicia e arquivos dependentes, integrado con Galiciana.

• Desenvolvemento dun novo sistema de xestión de arquivos físicos para a súa utilización por parte dos arquivos das entidades locais ou outras administracións.

• Desenvolvemento de novas funcionalidades do sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción da Administración de xustiza.

• Apoio á posta en marcha, implantación, evolución e soporte especializado dos sistemas indicados.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 23.10.2017.

DOUE: 19.10.2018.

BOE: 31.10.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 564.896,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 367.356,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.4.2018.

b) Data de formalización do contrato: 6.6.2018.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.

d) Importe de adxudicación: 312.083,20 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia