Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33155

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

EXTRACTO da Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de orfandade como consecuencia da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

BDNS (Identif.): 407984.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas en situación de orfandade como consecuencia da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

Segundo. Obxecto

As axudas outorgaranse de forma directa e teñen por obxecto atender as necesidades das persoas que se encontren en situación de orfandade como consecuencia dos falecementos que teñan a súa causa na explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

Terceiro. Normas polas que se rexen as axudas

Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de orfandade como consecuencia da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, segundo o Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 23.01.621A.480.1 e por un importe de 60.000,00 € con cargo ao ano 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda