Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 25 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e que poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015.

Ourense, 25 de xuño de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 13855.

Interesada: González Maidana, Gessica Lorena.

DNI/NIE /PAS: Y4614018W.

Último enderezo coñecido: rúa Ervedelo, nº 33B, 1º dta. 32002 Ourense.