Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia sobre a data para realizar inspección da súa explotación equina con código REGA ES270280303801.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 29 de xuño de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inspección oficial de explotación equina.

Interesada: Mirian Montoya Cortiñas.

Acto notificado: citación.