Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2018/293-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Ecoforest Geotermia, S.L.

Domicilio social: rúa Puerto Rico, 14, 36204 Vigo.

Denominación: LMTS e CS Polígono Porto do Molle.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 6 metros, aproximadamente, de lonxitude, con orixe e final na LMTS GON818, entre os CC.TT. 36CVX0 e 36CZN3, unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono industrial Porto do Molle, parcela M-13 (referencia catastral 7853813NG1675S0001KW), Nigrán.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 15 de xuño de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra