Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se somete a información pública o anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada XG502 Eixo de Laza.

De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade elaborou o anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada XG502 Eixo de Laza, que será obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.

Xa que logo, acórdase someter a información pública, durante dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o anteproxecto de explotación de servizos de transporte XG502 Eixo de Laza.

Durante o dito prazo o anteproxecto obxecto de información pública, estará dispoñible para calquera interesado na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, e as empresas e demais interesados en xeral poderán formular as alegacións que consideren en relación co contido do anteproxecto.

Igualmente, as empresas con capacidade para a súa prestación poderán propoñerse para ser invitadas para a presentación de ofertas, nos termos do artigo 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro.

As ditas alegacións e os ofrecementos para a remisión de invitacións para formular oferta serán presentados a través do enderezo de correo electrónico transportepublico@xunta.gal, ou remitidos á Dirección Xeral de Mobilidade, consonte o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade