De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa avda. María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 20 de xuño de 2018
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado polo |
ANP-PO-0001/2018 |
Manuel Fernández Bernárdez |
Proposta |
Instrutor |
ANP-PO-0009/2018 |
Pablo Fernández López |
Incoación |
Xefe territorial |
CAZ-PO-0064/2017 |
Sociedade de caza e pesca de Moraña |
Resolución |
Xefe territorial |
CAZ-PO-0065/2017 |
Tecor Forcarei |
Resolución |
Xefe territorial |
CON-PO-0156/2018 |
Sara González Calvo |
Incoación |
Xefe territorial |
CON-PO-0160/2018 |
Antonia Rodríguez Torres |
Incoación |
Xefe territorial |
CON-PO-0019/2018 |
José Carril Rodríguez |
Resolución |
Xefe territorial |
CON-PO-0125/2018 |
María Belén Casas Rivas |
Resolución |
Xefe territorial |