Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación por este organismo, suxeita a regulación harmonizada, dos lotes 1, 2, 4 e 5 de técnicas de terapia respiratoria a domicilio (expediente AB-SER4-17-002).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servizo Galego de Saúde.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

Número de expediente: AB-SER4-17-002.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación de técnicas de terapia respiratoria a domicilio.

c) Lotes: si.

d) Referencia de nomenclatura: 85111700-7.

e) Medio e data de publicación dos anuncios de licitación: DOG do 2 de agosto de 2017; BOE do 24 de xullo de 2017; DOUE do 15 de xullo de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento base de licitación. Importe neto: 35.290.474,35 euros. Importe total: 35.290.474,35 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1 (A Coruña) - 2 de maio de 2018.

Lote 2 (Ferrol) - 12 de marzo de 2018.

Lote 4 (Lugo) - 12 de marzo de 2018.

Lote 5 (Ourense) - 12 de marzo de 2018.

b) Data de formalización dos contratos:

Lote 1 (A Coruña) - 28 de maio de 2018.

Lote 2 (Ferrol) - 9 de abril de 2018.

Lote 4 (Lugo) - 9 de abril de 2018.

Lote 5 (Ourense) - 9 de abril de 2018.

c) Empresas adxudicatarias:

Lote 1 (A Coruña) - Oximesa, S.L.

Lote 2 (Ferrol) - Grupo Gasmedi, S.L.U.

Lote 4 (Lugo) - Grupo Gasmedi, S.L.U.

Lote 5 (Ourense) - Grupo Gasmedi, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1 (A Coruña) - Oximesa, S.L.:

– Importe adxudicado sen IVE: 4.389.851,70 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 4.389.851,70 euros.

Lote 2 (Ferrol) - Grupo Gasmedi, S.L.U.:

– Importe adxudicado sen IVE: 1.968.240,07 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 1.968.240,07 euros.

Lote 4 (Lugo) - Grupo Gasmedi, S.L.U.:

– Importe adxudicado sen IVE: 5.708.203,41 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 5.708.203,41 euros.

Lote 5 (Ourense) - Grupo Gasmedi, S.L.U.:

– Importe adxudicado sen IVE: 4.447.111,35 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 4.447.111,35 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as ofertas dos adxudicatarios foron seleccionadas como as economicamente máis vantaxosas, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e mais os informes de avaliación están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde