Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (89/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 89/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 193/2017 con data do 10 de abril de dous mil dezasete ditada no procedemento ordinario 626/14 a favor da parte executante, Pablo Gómez Rodríguez, fronte a Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 2.945,88 euros en concepto de principal (2.233,12 euros en concepto de vacacións non gozadas, 712,76 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 294,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/A letrado/a da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Parte dispositiva

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 2.945,88 euros en concepto de principal (2.233,12 euros en concepto de vacacións non gozadas, 712,76 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 294,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0089 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/A letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza