Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32870

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesor contratado doutor.

Publicada a oferta de emprego público para o ano 2017, mediante a Resolución do 7 de xuño de 2017 e modificada pola Resolución do 12 de decembro de 2017, e de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante Resolución do 29 de xuño de 2018 se convoca un concurso para a provisión dunha praza de profesor contratado doutor.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xuño de 2018

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente