Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada o 16 de abril de 2018 no expediente de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Alcanzon, PE 107D/2010-43-8.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da publicación dese anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O interesado poderá comparecer nas oficinas desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente desta orde xurisdicional, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Víctor Juan Vázquez Reiriz (Alcanzon, C.B.).

NIF: 35455022Q.

Número de expediente SXPA: PE 107D/2010-43-8.

Proxecto: modernización buque pesqueiro Alcanzon (3ª VILL- 5- 758).

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada o 16 de abril de 2018.

Último enderezo coñecido: avenida Castrelo, O Breixo, número 29 D, 36630 Cambados (Pontevedra).