De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 19 de xuño de 2018 relativa ao proxecto dunha explotación avícola, sita no lugar do Pedrido, no concello de Friol (Lugo) promovido por Unimiño, S.C.G.
Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, andar baixo).
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático