Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 24 de maio de 2018, ditada no expediente sancionador AC-259/17, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

A interesada dispoñerá dun prazo de quince días, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-259/17.

Denunciada: Figueiras Verdia, S.L.

NIF: B70469044.

Establecemento: Casa Iván.

Enderezo: rúa Titanio, parcela E3, polígono industrial de Bértoa.

Localidade: Carballo.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 24 de maio de 2018.

Sanción:

multa de novecentos un euros (901 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: sete centos vinte con oitenta euros (720,80 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: cincocentos corenta con sesenta euros (540,60 €).