Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos tramitados mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (tres lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

a) Número de expediente: 2018-SEXU-27-28-29/LU.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=285839.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (3 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: tres.

Lote 1: arquivo común dos edificios xudiciais de Vigo.

Lote 2: arquivo xudicial territorial de Ourense.

Lote 3: arquivo territorial da Coruña.

d) CPV: 92512000-3. Servizo de arquivos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 27.170,00 €. Lote 2: 27.170,00 €. Lote 3: 27.170,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto. Lote 1: 24.700,00 €. Lote 2: 24.700,00 €. Lote 3: 24.700,00 €.

Importe total. Lote 1: 29.887,00 €. Lote 2: 29.887,00 €: Lote 3: 29.887,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de maio de 2018.

b) Data de formalización dos contratos: 31 de maio de 2018.

c) Contratistas:

Lote 1: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Lote 2: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Lote 3: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 73.800,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 24.600,00 €. Lote 2: 24.600,00 €. Lote 3: 24.600,00 €.

Importe total: 89.298,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 29.766,00 €. Lote 2: 29.766,00 €: Lote 3: 29.766,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertas máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza