Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xuño de 2018 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/347/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 2 de maio de 2018, ditou resolución pola que se require que no prazo de tres meses se presente a solicitude da oportuna licenza que ampare as obras executadas consistentes na construción dunha edificación destinada a ximnasio, no lugar da Granxa, parroquia de Dorrón, no termo municipal de Sanxenxo, previa aprobación do plan especial de infraestruturas e dotacións correspondente, manténdose a suspensión das obras e usos en tanto esta non sexa outorgada.

Se transcorrido o prazo de tres meses desde o requirimento, o interesado non solicitase a licenza, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordará a demolición das obras e a reposición dos terreos ao seu estado orixinario a custa do interesado e procederá a impedir os usos aos que desen lugar. Procederase de igual modo no suposto de que o título fose denegado por ser o seu outorgamento contrario á legalidade de conformidade co disposto no artigo 152 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Antonio Martín Curty, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial delo Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercita o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de junio de 2018

Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
Por substitución (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística