Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D, competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

Así mesmo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses desde o día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de maio de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F.

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

Carlos Oriel Pedroso la Rosa

*****152V

15030056515

Estimación parcial - 11.5.2018

Claudia Jacqueline Espínola

*****163R

15030071416

Desestimación - 20.2.2018

Julio Cuadrado Paniagua

*****330K

15036024416

Estimación parcial - 27.3.2018

Piotr Czarlinski

*****031K

15078011516

Estimación parcial - 27.4.2018

ANEXO II

Procedemento BS618D.

Interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

Carmen Caridad Cuevas Feliz

*****944M

15030010317

Desestimación - 19.4.2018