Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: saneamento nas parroquias de San Mamede e Santa Cruz. Fase II. Vedra (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1118.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 199, do 19 de outubro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 576.083,85 euros. Importe total: 697.061,46 euros.

Data de adxudicación: 4 de maio de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 432.984,62 euros. Importe total: 523.911,39 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2018.

Contratista: Petrolam Infraestructuras, S.L.

b) Descrición: saneamento en Filgueira, Seixido e Servia. Lousame (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1115.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 237, do 15 de decembro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 163.409,53 euros. Importe total: 197.725,53 euros.

Data de adxudicación: 7 de marzo de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 113.487,92 euros. Importe total: 137.320,28 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2018.

Contratista: Gestal y López, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no número 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Auga de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

4. Outras informacións.

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

La presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia