Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 1/2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio para comparecer por si ou a través de persoa que a represente. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal número 8, 1º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado na proposta de resolución referida, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións considere pertinentes.

Vigo, 11 de xuño de 2018

Sonsoles Bermúdez Pina
Instrutora

ANEXO

Expediente: 1/2018.

Interesado: José Manuel Rodríguez González.

DNI: *****110G.

Acto de notificación: proposta de resolución do 11 de xuño de 2018.

Precepto infrinxido: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.