Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32496

IV. Oposicións e concursos

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 28 de xuño de 2018 de convocatoria para a contratación con carácter temporal dun posto adscrito a esta axencia.

A Axencia Turismo de Galicia publica a convocatoria para a contratación con carácter temporal dun/dunha xefe/a da Área de Feiras, posto adscrito á Axencia Turismo de Galicia, na Área de Proxectos e Accións Promocionais na Dirección de Promoción da Axencia Turismo de Galicia.

As bases da convocatoria e o formulario de solicitude están dispoñibles na páxina web da Axencia Turismo de Galicia http://www.turismo.gal/espazo-institucional e nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

As solicitudes presentaranse nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia ou nas oficinas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Deberase adiantar a documentación vía correo electrónico ao enderezo xerencia.turismo@xunta.gal.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio indicativo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia