Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial dun expediente de expropiación de varios predios.

Mediante o Acordo do Pleno deste concello, do 3 de maio de 2018, aprobouse inicialmente o expediente de expropiación dos predios máis abaixo relacionados, resultantes do proxecto de compensación urbanística da Xunta de Compensación da área de repartición nº 46 do Plan xeral de ordenación municipal da Illa de Arousa, en aplicación do disposto nos artigos 124 e 127 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, por non se incorporaren os seus propietarios á Xunta de Compensación, de acordo co proxecto de expropiación presentado por Benito Oubiña Rial, en calidade de presidente da Xunta de Compensación da citada área de repartición nº 46 do Plan xeral de ordenación municipal da Illa de Arousa:

Parcela R39-M4:

Titularidade: Josefa Rial Nieto.

Superficie: 259,83 m2.

Edificabilidade: 166,17 m2.

Custos de urbanización: 1,98 %.

Lindeiros:

– Norte: vía de nova apertura.

– Sur: parcela R40.

– Leste: límite exterior da unidade de actuación.

– Oeste: vía de nova apertura.

Parcela R40-M4:

Titularidade: Josefa Nieto Rial (de acordo coa información contida no expediente, ademais, Antonio Nieto Rial e Dorotea Nieto Rial).

Superficie: 259,87 m2.

Edificabilidade: 166,19 m2.

Custos de urbanización: 1,98 %.

Lindeiros:

– Norte: parcela R39.

– Sur: parcela R41.

– Leste: límite exterior da unidade de actuación.

– Oeste: vía de nova apertura.

O que se fai público abrindo un trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo, e no taboleiro de anuncios do concello, con notificación individual aos interesados, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A Illa de Arousa, 14 de xuño de 2018

Carlos Iglesias Cores
Alcalde presidente