Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32338

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 19 de xuño de 2018 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 21 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 21 de marzo de 2018 (DOG nº 68, do 9 de abril), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ás funcionarias que se expresan no anexo desta orde, seleccionadas conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 21 de marzo de 2018.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contado a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar nos seus destinos os/as funcionarios/as están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Gómez Santos, María Francisca.

NRP: 5245172546 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Código: PS.C99.10.000.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Iglesias Bueno, Marta.

NRP: 3531792457 A9806.

Grupo: A1.

Corpo/escala: axentes de emprego e desenvolvemento local.

Denominación do posto: xefe/a territorial.

Código: PS.C99.10.000.36560.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.