Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de xuño de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica a resolución ditada en relación coa solicitude do 13 de abril de 2018 (rexistro C.S. A Ponte número 058), devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificaselle a Manuel Merelles Janeiro DNI: +++++669V a resolución ditada, con data do 19 de abril de 2018, en relación coa solicitude do 13 de abril de 2018 (rexistro de entrada C.S. A Ponte número 058) a cal foi devolta polo servizo de Correos, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispon dun prazo de dez días (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Asesoría Xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, situada no Hospital Santa María Nai, 3ª planta, rúa Ramón Puga, nº 52-54, 32005 Ourense.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Ourense, 6 de xuño de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras