Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32279

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para reaxuste de aliñacións.

O Concello Pleno, en sesión do 23 de marzo de 2018, acordouse:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións na avda. Rodrigo de Mendoza, núm. 57-59, promovido por Manuel Varela Domínguez e/n Vousama, S.L.

Segundo. Publicar no prazo dun mes no DOG o acordo de aprobación definitiva, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei do solo de Galicia, e no artigo 199 do seu regulamento.

Terceiro. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 17 de abril de 2018

Alberto Varela Paz
Alcalde