Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32037

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (Galp), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro).

De conformidade co establecido no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas na convocatoria de 2018, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723C.780.1, para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (Galp), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Eurpeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Morada Atlántica+Espazo Atlántico

Galp Costa da Morte

17.500,00 €

Galp Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia-Costa Sostible

16.000,00 €

Galp Ría de Arousa

16.000,00 €

Galp A Mariña Ortegal

16.000,00 €

Galp Golfo Ártabro Sur

16.000,00 €

Galp Golfo Ártabro Norte

16.000,00 €

Galp Ría de Vigo-A Guarda

16.000,00 €

Galp Ría de Pontevedra

10.000,00 €

TOTAL

123.500,00 €

Posicionamento no mercado da Ruta dos faros de Galicia-MARGALAICA2

Galp Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia - Costa Sostible

19.350,00 €

Galp A Mariña-Ortegal

5.400,00 €

Galp Golfo Ártabro Norte

4.750,00 €

Galp Golfo Ártabro Sur

5.550,00 €

Galp Costa da Morte

3.000,00 €

Galp Ría de Arousa

8.250,00 €

Galp Ría de Pontevedra

4.750,00 €

Galp Ría de Vigo-A Guarda

3.800,00 €

TOTAL

54.850,00 €

Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Accións de dinamización e promoción de Galicia Norte-Mares de experiencias

Galp A Mariña-Ortegal

40.529,30 €

Galp Golfo Ártabro-Norte

4.592,32 €

TOTAL

45.121,62 €

Deseño de Rede de mariñas e navegación tradicional-Mar de velas

Galp Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia-Costa Sostible

13.103,50 €

Galp Golfo Ártabro Sur

12.285,00 €

Galp Ría de Arousa

13.146,50 €

Galp Ría de Pontevedra

15.146,50 €

TOTAL

53.681,50 €