Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2018/0085-1 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 18 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data resolución

RL 2018/0085-1

I152017000146364

Raquel Armesto Rodríguez

32841566G

Oleiros

Obstrución

21.5.2018

RL 2018/0097-1

I152018000009735

María Aurora Naveira Vior

32295213Q

Oza

Relacións laborais

21.5.2018

RL 2018/0141-1

I1520187000007109

Tiendatienda Espacio, S.L.

B27811462

O Porriño

Seguridade e saúde

21.5.2018

RL 2018/0142-1

I152018000007412

Tiendatienda Espacio, S.L.

B27811462

O Porriño

Relacións laborais

21.5.2018

RL 2018/0143-1

I152018000015088

Malvinlab, S.L.

B66261702

San Llorenç D’hortons

Relacións laborais

28.5.2018

RL 2018/0153-1

14280

Delion Comunications, S.L.

B86684396

Santa Perpetua de Mogoda

Relacións laborais

28.5.2018